Os consumidores e turistas téñeno claro. O peixe e mariscos da ría de Arousa están considerados como os máis saborosos, frescos e de mellor calidade. Cada mañá, o mercado municipal de Boiro énchese para ofrecer os mellores produtos do mar, recentemente capturados, para que non perdan todas as súas propiedades. Os produtos estrela son as xoubas, chicharros, bocartes, abadexos, vesgos, fanecas, linguados, lubinas…e unha larga lista de delicias da ría.
A riqueza das augas da nosa ría tamén serve de estímulo para o crecemento do mellor marisco, entre os que destacan os berberechos, ameixas e o prezado mexillón de Cabo de Cruz; produto con Denominación de Orixe Protexida: Mexillón de Galicia.